VILANOVA> Vilanova valora positivamente o resultado da campaña de nadal. O peche perimetral favoreceu a que as compras aumentasen no comercio local. Coa promoción creada polo concello e a asociación de comerciantes Vilanova Centro xerouse un gasto de máis de 15000 euros nos establecementos da vila.
O comercio de Vilanova afrontou a tempada de nadal con moita incerteza debido a situación provocada pola Covid. Para intentar incentivar as vendas, a asociación de comerciantes Vilanova Centro e o concello levaron a cabo unha campaña conxunta. Unha promoción mediante a cal sorteábanse 8 mil euros en vales compra entre os clientes dos establecementos da vila.
Para os comerciantes a campaña foi un éxito. Axudada tamén pola boa situación que atravesaba o concello, con poucas restricións, e polos peches perimetrais, o que permitiu que moitos veciños decidisen facer as súas compras nos establecementos da vila.
O obxectivo dos comerciantes agora é manter a fidelidade destes novos clientes. Para conseguilo sons conscientes de que teñen que seguir unidos como asociación e creando máis campañas para incentivar as compras.
Dende a asociación xa traballan na vindeira campaña do día do pai. Pola súa parte o concello, que nesta promoción de nadal investiu 12 mil euros, comezará a reunirse cos comerciantes para crear unha campaña aínda máis forte de cara ao vindeiro nadal.