O BNG denuncia erros no reaxuste de aliñacións en Mosteiro

    mosteiro100_190808.jpgMEIS > O BNG reclama ó Concello que volva a abrir o prazo de presentación de alegacións do proxecto de reaxuste de aliñacións en Mosteiro.

    Os nacionalistas advirten de varios erros que piden que se corrixan e ademais solicitan que se lle dea asesoramento ós veciños que queiran consultar o documento. O BNG de Meis solicitou ó Concello que amplíe o prazo de exposición pública do proxecto de reaxuste da aliñación na avenida de Cambados e na rúa Ramón Cabanillas, en Mosteiro. Os nacionalistas pretenden así que se facilite a consulta do proxecto ós veciños para a presentación de posibles alegacións xa que agosto non é para eles o período máis adecuado. O BNG solicita que se expoña o documento en horario de tarde e que haxa unha persoa asesorando ós veciños.

    O grupo nacionalista denuncia que na avenida de Cambados aparecen liñas de edificabilidade que van máis alá do mero axuste, moi diferentes das reflexadas na planimetría do PXOM, e que, por tanto, se requiren outros medios para levar a cabo esta reforma. Tamén indica que na rúa Ramón Cabanillas figura como afectada unha edificación que se construíu no período de vixencia do PXOM de Meis, co visto bo do Concello. Isto para o BNG, amosa que incumpre totalmente a legalidade vixente. Ademais, advirten que se realizan cambios noutras rúas que non son obxecto do proxecto, como por exemplo a do colexio de Mosteiro.

    Redacción Salnés