Ravella lamenta que a xunta dedique máis tempo a atacalos que a mellorar o Plan de Transporte

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía lamenta que a Xunta de Galicia dedique máis espazo a atacar ao goberno local que a responder a súas alegacións sobre o Plan de Transporte. Recoñecen que non presentaron alegacións á segunda fase porque xa o fixeran na primeira e o ente autonómico non as tivo en conta. Piden á Xunta que paren un Plan de Transporte que consideran que non ten sentido.

A Xunta de Galicia criticou ao concello de Vilagarcía polo seu rexeitamento ao Plan de Transporte. Dende a consellería acusaron a Ravella de “non abordar o asunto con seriedade e vontade”. Ante estas críticas, a concelleira de urbanismo saíu ao paso alegando que o enten autonómico dedica máis espazo a atacalos que a ter en conta as súas reivindicacións.

Paola María recoñeceu que non presentaron alegacións á segunda fase do Plan de Transporte, porque xa as fixeran na primeira fase e a Xunta non as tivo en conta.

Dende Ravella sinalan como un punto positivo que a Xunta se dese conta de que o bus ao hospital entra dentro das súas competencias. A concelleira tamén advertiu que o seu partido non só critica a segunda fase do plan, senón todo o plan en xeral. Pide á consellería que escoite aos concellos e traballen con obxectividade.

Paola María quixo aclarar que este non é un asunto partidista, xa que, segundo a concelleira, moitos alcaldes de diferentes partidos políticos criticaron o Plan de Transporte.