O fiscal pide 3 anos para o maquinista do accidente ferroviario de Valga

    accidente_tren_valga100.jpgVALGA> O maquinista do tren que arrollou a un coche e causou tres mortos en 2007 nun paso a nivel de Valga enfrontarase a unha pena de 3 anos de prisión.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_accidente_valga.flv{/flowplayer}

    VALGA> Dentro dun mes cúmprense tres anos do terrible accidente ferroviario no que faleceron tres obreiros nun paso a nivel de Valga. Toda a documentación deste caso xa está en mans do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, ó que só lle queda fixar a data da vista oral.

    A Fiscalía solicita unha pena de tres anos de prisión para o maquinista do tren, propón inhabilitación por cinco anos e reclámalle indemnizacións de 540 mil euros a abonar ós familiares das tres vítimas mortais. O fiscal sitúa ademais a Renfe como responsable civil subsidiaria no pago destas compensacións.

    O suceso aconteceu o 25 de abril de 2007, á unha e cinco da tarde, cando os tres obreiros José García Bejo, Jesús Martínez Senín e o fillo deste Roberto Martínez Ríos cruzaron o paso a nivel de Campaña. Nese intre as barreiras de protección estaban levantadas e no seu escrito de acusación o fiscal considera que o maquinista non fixo caso das sinais que lle indicaban que o tren tiña que deterse. Foi o caso dun sinal luminoso vertical ó pé da vía antes de chegar ó cruce, e dunha indicación luminosa e sonora en forma de pitido na propia cabina que o maquinista supostamente desconectou.

    Di o fiscal, que deste xeito, non se puxo en marcha o sistema automático de freado, e que inda que o maquinista reduciu a velocidade de 112 a 99 quilómetros hora e tentou deter o tren no último momento, non puido evitar arrollar ó coche que quedou totalmente desfeito.

    Redacción Salnés