Un erro administrativo podería deixar na rúa a unha parella grovense

    O GROVE> Un matrimonio do Grove está a días de quedarse sen a súa casa sobre a que pesa unha orde de derrubo por parte de Costas do Estado. Os seus propietarios mercárona fai uns quince anos con tódolos informes legais favorables. Agora a propia administración a que lles obriga a tirala abaixo por encontrarse a 81 metros do mar.

    Kiko Bea e a súa muller Fátima están a vivir un dos peores momentos das súas vidas: Costas do Estado ameaza con derrubarlle a súa única vivenda sobre a que pesa unha hipoteca de 25 anos, 10 deles aínda por pagar. En menos dun mes, segundo reza a ameaza de Costas, Kiko debería tirar abaixo a súa única vivenda: un lugar onde reside durante todo o ano e mesmo traballa no seu estudio de gravación. Entón non lle quedaría outra que ir a vivir de alugueiro, pero eso si, pagando a década de hipoteca que lle resta. Amais ten as contas embargadas por pesar sobre el oito multas coercitivas para que devolva este terreo ó estado anterior. Pero é que eles non foron os que construíron a vivenda senón que a mercaron libren de cargas, segundo a propia Administración do Goberno Central. Ante este absurdo da burocracia fan un chamamento a solidariedade de quen competa para que lles boten unha man. As primeiras axudas xa comezaron a chegar. Esta mañá Kiko Bea reuniuse co Alcalde, que lle está a axudar na mediación dos papeis que precisa para recorrer e mesmo poder chegar a legalizar a vivenda. Tamén os seus veciños do Grove e compañeiros músicos de toda Galicia amosaron tamén a súa total solidariedade con este caso, que lles podería tocar a calquera. Amais, Kiko e Fátima veñen de recibir o auxilio do Colectivo de Afectados pola Lei de Costas de España que levaran o asunto a Bruxelas e ante a Corte Internacional dos Dereitos Humanos da Haya.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/22/kiko.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/22/mobilizacion_kiko_bea.mp4{/flowplayer}