O domingo celébrase a Festa do Fabón con 250 kilos de produto

    fabon_copia100.jpgVILANOVA> Esta fin de semana celébrase na parroquia vilanovesa de San Miguel de Deiro, a tradicional Festa dos Fabóns. Os asistentes poderán disfrutar das racións deste produto típico a uns prezos moi populares.

    {flowplayer}images/salnes/FABONS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    A Festa dos Fabóns ten lugar o domingo 9 de maio e comeza coa celebración da misa solemne. O acto central dese día, ten lugar á un da tarde coa degustación de Fabóns que se servirán na carpa instalada no campo da feira. As racións destas saborosas legumes van acompañadas de carne, chourizo, panceta, viño e pan, a prezos moi asequibles.

    Ó igual que o ano pasado vanse repartir máis de 250 kilos de fabóns cociñados con moito cariño e típicos do agro de San Miguel de Deiro. Como o ano pasado reservaranse para a celebración uns 130 litros de viño tinto.

    Cada ano a Festa do Fabón ten máis proxección no Salnés e á que asisten centos de persoas. No 2009 achegáronse á parroquia vilanovesa 400 persoas. Dende a organización espérase que se manteñan os participantes e que incluso aumenten.

    Ás sete e media da tarde, celebrarase a tradicional procesión que vai estar acompañada pola banda de música de Vilanova e haberá tirada de fogos. Pola noite disfrutarase da verbena con baile coas orquestras Los españoles e Principal.

    Redacción Salnés