![]()
VILANOVA> O Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra presentoullo está mañá ó alcalde, Gonzalo Durán, nunha xuntanza de traballo.
{flowplayer}images/salnes/PARCELARIA_TREMOEDO.flv{/flowplayer}
Trala reactivación do proxecto de concentración parcelaria nas parroquias de Tremoedo e Baión o ano pasado despois de estar paralizado desde o 2006, esta mañá o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra desprazouse ata Vilanova para presentarlle ó alcalde o borrador dos viales que se van a construír.
Este proxecto suporá, tal e coma definiu o alcalde, un cambio radical para ambos lugares e para os propietarios das parcelas.
Segundo informaron, este ano licitarán a zona de Tremoedo onde actuarán sobre unhas seiscentas hectáreas e terá un custe dun millón de euros. No caso de Baión haberá que agardar ó vindeiro ano para licitala obra co que reordenarán unhas mil hectáreas.
Por último, Durán informou que en Tremoedo as parcelas poderían estar adxudicadas a finais do vindeiro ano.
Redacción Salnés








