Falece unha muller de trinta anos ó ser atropelada por un tren

    VILAGARCIA> Unha muller faleceu esta mañá en Bamio ó ser atropelada por un tren. O accidente obrigou a cortar o tráfico ferroviaria por este punto de Vilagarcía, das oito da mañá ata pasadas as dez.

    Unha muller faleceu esta mañá ó ser atropelada por un tren en Vilagarcía. Eran as 8.19 da mañá cando o Centro de Seguridade de RENFE alertou ós servicios de emerxencia do accidente. De inmediato, os servicios de emerxencia desprazáronse ata Bamio, a escasos cen metros do cemiterio parroquial; onde se encontraba a víctima. Achegáronse ata este lugar, os servizos sanitarios de urxencia do Centro de Saúde de Catoira, unha ambulancia, axentes da Garda Civil, e os efectivos do GES de Valga, así como os equipos de Protección Civil de Catoira e de Vilagarcía. A pesares do amplo dispositivo non se puido facer nada por salvar a vida desta muller, duns 32 anos, veciña do lugar do Carbón, en Bamio; e filla duns importantes empresarios do sector da automoción de Vilagarcía. Nada se sabe do que puido levala a precipitarse sobre a vía do tren. O sinistro obrigou a cortar o tráfico ferroviario por este lugar ata pasadas ás dez da mañá.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/atropelo_Tren.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/04/atropelo_tren_bamio.mp4{/flowplayer}