![]()
VILAGARCÍA > EU denuncia que leva máis dun mes reclamando o expediente e copia de planos do trazado interior do tren ó porto, …
{flowplayer}images/salnes/EU_PORTO.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > Esquerda Unida de Vilagarcía afirma que leva máis dun mes intentando conseguir o expediente e copia de planos do trazado interior do tren ó porto, aprobado polo Consello de Administración. Denuncian que o presidente Javier Gago lle la negou e acúsano de irresponsabilidade política, unha vez que esa información xa saíu publicada nun xornal.
Esquerda Unidade quere saber a frecuencia de trens que terá esta liña férrea ó porto, e tamén cantas empresas solicitaron este transporte. Fajardo e Bueno lembran que a zona pola que vai discorrer está moi urbanizada e consideran fundamental que se clarexe que tipo de cidade se quere. Reclaman información sobre o proxecto para abrir un debate na cidadanía.
Tamén critican a nova terminal de contedores de Ferrazo. Non cren que sirva para aumentar a carga de traballo dos estibadores do porto, e sospeitan que as propias empresas que traian contedores porán o seu persoal propio a descargalos.
Redacción Salnés








