Correlingua 2010 xuntou 1.500 escolares de 18 centros do Salnés

    5

    correlingua_100.jpgVILAGARCÍA> Centros Educativos de todo o Salnés déronse cita esta mañá fronte ao Auditorio na carreira en prol do uso da lingua.

    {flowplayer}images/salnes/correlingua.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Centros Educativos de todo o Salnés déronse cita esta mañá fronte ao Auditorio na carreira en prol do uso da lingua.

    Correlingua chega á súa décima edición cun balance moi positivo e este ano cumpre dez edicións. É unha actividade didáctica e lúdico deportiva, que se leva a cabo en toda a comunidade galega. O seu obxectivo e impulsar entre os escolares, o uso da lingua galega. Dende fai 3 anos, a organización decidiu darlle unha ubicación fixa e o Concello Vilagarcián, ven colaborando activamente dende entón, para darlle apoio institucional e colaborar na infraestrutura precisa, con medios materiais e humanos, para poñelo en marcha.

    Unha serie de actividades que o alumnado fai durante todo o ano, ten como broche final a carreira desta mañá, na que participaron 1500 rapaces e rapazas de 18 centros de Infantil, Primaria, Secundaria e Educación Especial da Comarca do Salnés.

    As actuacións, por mor da chuvia, tiveron lugar na Praza da Peixería, asemade, o saúda das autoridades municipais e a lectura do manifesto gañador, baseado no lema deste ano "Galego, a forza do noso amor" feito polo alumnado do IES Porta da Auga, de Ribadeo, Lugo.

    Logo de dez anos, pódese dicir, segundo a organización, que o balance de resultados, é positivo: mais de 50.000 nenos e nenas participaron ao longo destes anos, nos Correlinguas que se teñen celebrado.

    Os cativos e cativas, valoran moito a parte lúdica do Correlingua, e a teñen moi presente á hora de participar no que supón o peche de actividades do Correlingua 2010

    Sobre o mediodía, logo da carreira, tódolos participantes gozaron das actuacións dos Grupo Chévere e García MC.

    Redacción Salnés

    COMPARTIR