RIANXO> Novo conflito na ría de Arousa coa vieira de por medio. A confraría de Rianxo mostrou o seu malestar porque Cambados finalmente, e tal como presaxiaban, a excluíu do plan deste bivalvo. O patrón maior Miguel Ángel Iglesias xa anunciou que tomarán accións legais contra esta decisión do pósito cambadés.
Total indignación. En Rianxo están máis que molestos coa decisión do pósito de Cambados de excluilos do plan de explotación da vieira. Considérano
A decisión aparta do plan da vieira a un total de 17 embarcacións de Rianxo, pero non só desta localidade. tamén aparta a outros barcos doutras zona que si dispoñen do permiso para a extracción desta especie, razón pola que piden a intermediación da consellería de Mar.
Pero non se quedará só en iso. Se o Plan se leva a cabo tal como está, excluíndo ós barcos de Rianxo, o pósito ten intención de emprender accións legais contra esta decisión.