O entendemento entre concello e comuneiros achega o novo aparcadoiro ao Hospital

    VILAGARCÍA> Concello de Vilagarcía e os comuneiros de Rubiáns deron esta mañá o primeiro paso para dotar o Hospital do Salnés dun novo aparcadoiro . Ambas partes destacaron o clima de entendemento que marcou a xuntanza, que rematou co compromiso de analizar as diferentes opcións para dispoñer da parcela de 5.800 metros cadrados que a comunidade de montes posúe no entorno do centro. 

     

    A comunidade de montes de Rubiáns é a titular da parcela de 5.800 metros cadrados á que o concello de Vilagarcía botou o ollo para dotar ao Hospital do Salnés dun novo aparcadoiro. Hoxe mantiveron a primeira xuntanza, que rematou cun bo entendemento entre ambas partes que entenden a importancia da obra.

    O concello fará agora as xestións ante a Xunta, administración responsable da ampliación do centro, para buscar a mellor das opcións. 

    Iso si, a intención é os trámites se fagan canto antes.

    Ambas partes emprazáronse a unha nova xuntanza para avanzar na solución dunha problemática que empeorará coa ampliación proxectada para o Hospital do Salnés.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/comuneiros_rubians_hospital.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/21/comuneiros_rubians_hospital.mp4{/flowplayer}