O Concello programa catro días de festa na honra a Santa Rita

    ptac_santa_rita100.jpgVILAGARCÍA> Unha feira da conserva e do albariño e o musical Mago de Oz, serán os principais atractivos do programa festivo de Santa Rita.

    {flowplayer}images/salnes/programa_santa_rita.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Unha aposta forte, sen moito gasto. Así define o edil de Cultura o programa deseñado polo Concello de Vilagarcía para Santa Rita.

    A festa arranca o día 20 cunha nova proposta, a feira da conserva e do albariño, que se celebrará no parque Miguel Hernández ata o domingo. E tamén coa actuación da orquestra Panorama na explanada do Auditorio.

    Amais de Panorama, tocarán por Santa Rita as orquestras Jerusalén e Océano, o venres na praza de Abastos, Alkar e Sabanna o sábado na Alameda, e Tornado o sábado na explanada do Auditorio. Este ano volve a repetirse o mercado de época, que se instalará no parque da Xunqueira. Non faltarán as competicións deportivas por Santa Rita.

    Este mes haberá tenis no Rial, o torneo de semirrápidas no Auditorio, o Arousa Fútbol 7 na Lomba ou o campionato galego de atletismo para discapacitados intelectuais en Fontecarmoa. Tamén haberá a exhibición de taekwondo do Olimpic e a Marcha cicloturista.

    O programa inclúe o día 22 dúas sesións do musical Mago de Oz no Auditorio, e unha exhibición de música e baile tradicional na Xunqueira, amais da procesión de Santa Rita, que será ás oito da tarde. O domingo péchase a festa co concurso de baile tradicional no Auditorio.

    Redacción Salnés