Comezan as obras de reparación do aparcadoiro do mercado municipal

    obras_aparcadoiro_cambados100.jpgCAMBADOS> A obra, realizada por Portos de Galicia, ven a solucionar as deficiencias do parking, que estaba xa moi deteriorado.

    O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, visitou hoxe o inicio das obras no aparcadoiro do mercado municipal. Os traballos durarán un mes e mellorarán o pavimento da superficie do aparcadoiro, que ocupa máis de 2.500 metros cadrados. O proxecto inclúe a construción dunha beirarrúa de metro e medio de ancho, e dunha zona axardinada, na zona de árbores. En total vanse investir 53.000 euros na mellor ada zona. Luis Aragunde amosouse moi satisfeito coa realización da obra, que era unha demanda histórica dos usuarios do mercado.

    Mentres duren as obras o mercado ambulante celebrarase nunha parte do aparcadoiro. A diminución de espazo, por mor dos traballos, obrigará a desprazar os vehículos, ás aforas.

    As obras son unha demanda histórica do concello de Cambados, que solicitou unha mellora desta superficie, ó propietario, Portos de Galicia. O concello paga un aluguer anual ó ente portuario por facer uso deste aparcadoiro, con capacidade para 80 vehículos.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/120509_visita_aragunde_aparcadoiro.flv{/flowplayer}