En 30 meses Pontevedra contará cun novo edificio xudicial

    xulgados_pontevedra_100_100510copy.jpg PONTEVEDRA> Prometeuno o conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, na sinatura do acordo de adquisición dos terreos co alcalde Miguel A. Fernández Lores.

    {flowplayer}images/salnes/XULGADOS_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}
    Os problemas de espazo e saturación de servizos na Parda teñen os días contados. En 30 meses poderían estar rematadas as novas instalacións xudiciais de Pontevedra. Situaranse nunha parcela duns 6.500 metros cadrados ó carón do edificio da Parda, contarán con preto de 30 unidades xudiciais e nel centralizaranse tódolos xulgados agora repartidos entre a Parda, con quince, a Audiencia Provincial, seis, e dentro de pouco o edificio de Xermán Adrio, que se rehabilitará para aloxar tres. Iso sen contar cos dous novos xulgados do social e do penal que se incorporarán ó partido xudicial de Pontevedra a finais deste ano.
    O concello de Pontevedra será o encargado de expropiar tódolos terreos e cederllos á Xunta. Así se contempla no acordo asinado esta mañá entre o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o conselleiro. Lores comprometeuse a axilizar os trámites na medida do posible, a pesar, dixo, de que a Xunta rexeitase a súa proposta de plantear o proxecto de licencia como supramunicipal. O titular de Xustiza puntualizou que en Pontevedra se están a seguir os mesmos protocolos que noutras cidades galegas. O
    Plan de Infraestruturas Xudiciais reserva unha partida de 15 millóns de euros para a construción deste novo edificio. Contará con sete plantas sobre rasante e dúas soterradas, ademais de zonas habilitadas para o acceso e circulación.
    Redacción Salnés