A Asociación Galega de Lupus volve escoller Barbanza para o seu xantar solidario

RIBEIRA> Tralo éxito da primeira edición, a Asociación Galega de Lupus decidiu organizar novamente unha comida solidaria. Será o domingo día trinta no restaurante Chicolino. O prezo da entrada é de corenta euros e a reserva poderá realizarse a través do número de conta da asociación. Ademais de xantar e sobremesa con baile, os asistentes optarán ós numerosos sorteos que serán posibles grazas á gran colaboración do comercio da comarca. Ademais de recadar fondos, esta iniciativa serve para seguir a difundir e dar a coñecer o lupus, unha doenza con síntomas moi variables, o que dificulta o seu diagnóstico. Cómpre lembrar que as persoas interesadas en colaborar que non poidan asistir ó xantar poden realizar os seus donativos a través da fila cero.