O miradoiro Pedra da Rá en Ribeira suma un novo premio

RIBEIRA> Nesta ocasión vén de ser recoñecido co Lledó de Arquitectura Ibérica na categoría de Espazo Público. O proxecto de remodelación do miradoiro de Pedra da Ra vense de proclamar gañadora da primeira edición dos Premios Lledó Arquitectura Ibérica, na modalidade Espazo Público. Nesta ocasión eran dúas as obras de Ribeira que aspiraban a este galardón, ambas deseñadas polo arquitecto Carlos Seoane. Á da Pedra da Rá había que sumarlle tamén a construción do Centro Social de Oleiros. Aínda que esta última, que optaba tamén a un premio na categoría de obra nova, non puido facerse co galardón. Este premio Lledó súmase a outros importantes distintivos que recibiu esta obra como é o caso do Premio FAD de Arquitectura ou o Premio COAG do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ademais de quedar finalista nos Premios ArchDaily que concede a revista dixital de arquitectura máis lida do mundo. A gala de entrega de premios terá lugar durante a fin de semana do 21 ó 23 de setembro en Fisterra.