Fole recibe o apoio de 300 afiliados que o ven como alcalde

    fole_copia100.jpgVILAGARCÍA> Tomás Fole celebrou o sábado un encontro con máis de 300 simpatizantes e afiliados que lle mostraron o seu apoio incondicional. Todos coincidiron en que o actual presidente constitúe a única garantía para chegar á alcaldía.

    {flowplayer}images/salnes/APOIO_A_FOLE.flv{/flowplayer}

    Preto de 300 persoas asistiron o sábado ó restaurante Villaurora para expresar o seu apoio a Tomás Fole, nun acto no que se puxo de relevo a importancia de decidir o futuro do partido en liberdade e sen interferencias. Membros do Grupo Municipal, representantes de novas xeracións, simpatizantes e militantes aseguraron, nas súas intervencións, que o actual presidente constitúe a única garantía para lograr a alcaldía no 2011.

    Arropado por gritos de alcalde alcalde, un emocionado Tomás Fole agradeceu o apoio da xente que, afirmou traballa e traballou sempre polo PP. O candidato asegurou que o 12 de xuño non se xogan a presidencia do partido senón a continuidade do traballo duro durante oito anos.

    Afirmou que nos últimos 7 anos, conseguiuse aumentar o número de concelleiros en Ravella con gran esforzo. Sinalou que Vilagarcía está a pedir un cambio no goberno local e que o seu proxecto ten a forza suficiente para conseguilo.

    Fole recordou que no 2003 ninguén se quería facer cargo do PP e que a moitos lles avergonzaba ser do partido. Afirmou que, agora que todo va ben, se quitan a careta e que non vai permitir que ninguén ninguné o traballo destes anos.

     Redacción Salnés