NOIA> A piscina municipal de Noia e o campo de fútbol Julio Mato foron obxecto de actos vandálicos nos últimos días . A Garda Civil abriu unha investigación para identificar ós autores dos roubos e danos rexistrados nestas instalacións municipais.
As instalacións deportivas son un branco doado para os amigos do alleo. Aproveitando o horario nocturno accederon ó interior da piscina municipal de Noia e ó campo de fútbol de San Lázaro onde causaron importantes danos. O importe das contías subtraídas é moi baixo polo que sospeitan que máis ca un roubo, a intención dos autores era atentar contra as instalacións nun claro exemplo de vandalismo.
Ademais dos gastos que suporá a reparación dos danos, asumidos pola administración con cargo á veciñanza, dende o concello lamentan os prexuízos que supoñen para os usuarios das instalacións posto que ven alterado o seu normal funcionamento.











