Javier Puertas: ‘É hora de que o PP vilagarcián evolucione’

    puertas_pleno_aberto_100.jpgRIBADUMIA> Javier Puertas asegurou en Pleno Aberto que Tomás Fole fixo un bo traballo pero cre que é hora de que o partido evolucione e se revitalice.

    {flowplayer}images/salnes/PUERTAS_PLENO_ABERTO_b.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> Javier Puertas asegurou onte en Pleno Aberto que Tomás Fole fixo un bo traballo pero cre que é hora de que o Partido Popular vilagarcián evolucione e se revitalice.

    Javier Puertas está moi ilusionado coa súa incorporación no modelo de facer política iniciada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, un proxecto que definiu como integrador. O presidente da Autoridade Portuaria asegurou que non lle custou tomar a decisión de presentarse como candidato a liderar o PP de Vilagarcía, xa que fai tempo interiorizara as necesidades da localidade.

    Segundo Puertas é moi evidente o traballo e o esforzo que realizou Tomás Fole, pero afirmar que a historia do PP é a de fai 8 anos é inxusto para aqueles que anteriormente o deron todo polo partido. Sinalou que hai persoas que creen nun novo modelo que renove as estratexias dos populares, e que inclúa a participación das Novas Xeracións e de antigos membros do partido.

    O candidato á presidencia do PP vilagarcián, volveu puntualizar que o seu proxecto busca que o Partido Popular estea aberto a todas as opinións e participacións. O obxectivo, é estenderse a todas a capas sociais. En canto ós rumores que falan do apoio do PP provincial ó seu proxecto, Puertas afirmou que non é certo xa que Fole tamén conta co apoio de Louzán a través do seu posto no IPESPO.

    Javier Puertas volveu denunciar os problemas que ten para utilizar a sede dos populares en Vilagarcía. Asegurou que teñen problemas para facerse con determinados listados e que os teñen que solicitar ó PP provincial.

    Polo que respecta a IVIL, Puertas sinalou que non se puxo en contacto con Rivera Mallo, pero que chegado o momento, estaría aberto a novas opinións e axudas polo ben de Vilagarcía.

    Redacción Salnés