Rañeir@s da Ría de Arousa reunirase coa conselleira de pesca para comezar a campaña de libre marisqueo.

AROUSA> Rañeir@s da Ría de Arousa pendente das probas da consellería do mar para reabrir os bancos de libre marisqueo. A tempada chega coa dúbida con respecto á situación do reloxo, dende as confrarías aseguran que non é daniño para a saúde. A novidade deste ano será a do uso dunha aplicación para controlar os barcos.

A tempada de libre marisqueo está a punto de comezar na ría de Arousa. Dende a asociación Rañeir@s da Ría de Arousa xa teñen listos os seus bancos de libres marisqueos: Cabido, Bohío  e os bancos da Ula. Para coñecer a situación e comezar a traballar, os mariñeiros están pendentes dos estudos do Cima, por elo reuniranse coa conselleira de pesca.

No caso do reloxo, as diferentes confrarías fixeron un estudo que determina que non ten efectos negativos para a saúde.

A novidade coa chega esta tempada é unha aplicación que controlará o traballo dos barcos.

Ata que non coñezan os datos da consellería, dende a asociación non poden facer unha previsión de como será a campaña. Agarda que sexa mellor ca do ano pasado, que se veu condicionada nos últimos meses pola crise sanitaria. Está previsto que a tempada comece en Outro e remate en Marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí