Día de Tódolos Santos nos cemiterios da comarca

    cemiterio copia100.jpgVILAGARCÍA> Os cemiterios reciben milleiros de persoas durante toda a xornada dispostas a honrar ós seus defuntos.

    {flowplayer}images/salnes/DIA_TODOLOS_SANTOS.flv{/flowplayer}

    Xa onte comezaban a chegar as primeiras persoas a este camposanto, o de Vilagarcía. Pero dende primeiras horas desta mañá, a afluencia de xente é continua. As lápidas comezan a encherse de flores, velas e incluso mensaxes, para recordar ós que xa non están.

    A pesares de que este recordo é importante, para a maioría dos que se achegan ata aquí o fundamental é cumprir coa tradición. Durante todo o día, son moitos os que farán un percorrido por varios cemiterios onde teñan algún ser querido soterrado. Sen embargo, case todos recoñecen que é algo que fan con frecuencia, non só durante esta xornada.

    Pero o certo é que o día de hoxe multiplícase o número de persoas que se achegan ata os cemiterios. Xente de todas as idades, familias enteiras e nenos pequenos pasean entre as lápidas cheas de flores e recén limpas. Unha imaxe que se repetirá durante toda a xornada.

    Redacción Salnés