O centro cultural multiúsos de Moraña é unha realidade

MORAÑA> O centro cultural multiúsos de Moraña está preto de ser unha realidade. A falta dos últimos detalles, a obra de rehabilitación da antiga praza de abastos está practicamente rematada. A reforma contou cun investimento de máis dun millón douscentos mil euros.

Un vello reclamo da veciñanza de Moraña está preto de converterse nunha realidade. A antiga praza de abastos da vila rehabilitouse para transformarse nun centro cultural multiúsos. A falta dos últimos detalles, as novas instalacións están practicamente rematadas.

A rehabilitación contou cun orzamento dun millón douscentos trinta e oito mil euros. Deputación, concello e a Xunta participaron neste investimento.

O novo centro cultural mantén a estrutura da antiga praza pero adáptase as novas necesidades, como por exemplo os accesos para persoas discapacitadas.

A arquitecta sinala que a pesar de ser un edificio moderno mantén a esencia da antiga praza.

A alcaldesa adiantou que o novo centro cultural terá unha gran variedade de actividades culturais e sociais como unha zona para a terceira idade. A rexedora prevé que nun mes teña lugar a inauguración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí