Tomás Fole: ‘Hai vida máis aló do Congreso Local do PP’

     fole_por_congreso_100_120510copy.jpg VILAGARCÍA> O candidato á presidencia do PP municipal suxire a Javier Puertas que se desexa dispor da sé da rúa Castelao se dirixa á Comisión Organizadora.

    {flowplayer}images/salnes/FOLE_POR_CONGRESO.flv{/flowplayer}
     
    Hai vida máis aló do Congreso local do PP, ou cando menos, este é o argumento esgrimido por Tomás Fole para responder ás supostas dificultades coas que se está a atopar o outro candidato á presidencia do partido en Vilagarcía, Javier Puertas, para empregar a sé da rúa Castelao e acceder a determinadas listaxes de afiliados. Fole asegura que o uso das instalacións non depende del, senón da Comisión Organizadora do Congreso, que é a que dispón como debe desenvolverse o proceso electoral. Fole aconsella a Puertas que se desexa empregar a sé da rúa Castelao o solicite por escrito á Comisión Organizadora, igual que fixo no momento no que presentou a súa candidatura.
     
    En canto ós rumores que apuntan a preferencias dentro do PP provincial pola candidatura do actual presidente da Autoridade Portuaria, Fole, ó igual que Puertas, tamén lles resta importancia.
     
    E fronte á consideración de Javier Puertas de que o proxecto do seu contrincante está esgotado, Fole responde remitíndose ós feitos, como foron os resultados acadados polo PP vilagarcián nas últimas eleccións autonómicas, ‘os maiores da súa historia’.
     
    Redacción Salnés