Este xoves arranca en Poio a XII Festa do Mar

    POIO> Pese ós recortes aplicados polo concello, o programa apenas sufrirá variacións con respecto a outros anos.

    {flowplayer}images/salnes/FestadoMarPoio_200812.flv{/flowplayer} 

    O concelleiro de turismo de Poio, Xosé Lois Martínez, presentou esta mañá o programa de actividades da XII Festa do Mar, que terá lugar do 23 ó 26 de agosto. O edil estivo acompañado no acto por varios membros das asociacións que colaboran na organización deste evento.

    A festa inaugurarse o xoves áS 13 horas, día no que actuarán no Peirao da Canteira Dover e El Sueño de Morfeo, a partires das 23 horas. Dous grupos de renome nacional que chegan a Poio pese ós recortes feitos polo concello, que este ano reducíu a de cinco a catro os días de festa.

    Dende o primeiro día quedarán abertas para o público o comedor, a carpa degustación e as salas de exposición, na praza da Chousa. O venres 24, ás 17 horas celebrarase o encontro de embarcacións tradicionais e para a noite quedará o Armadiña Rock, coa actuación de Lorena Álvarez e a súa Banda Municiapl, Leo I Arremecaghona, The Grave Dolls e Never Too Late.

    Xa a fin de semana serán moitos os grupos de baile e música tradicional que pasen por Poio, ata a súa clasura o domingo ás doce da noite. Dende o concello agardan que a festa atraia a un maior número de turistas.

    Redacción Salnés