Os candidatos á presidencia do PP entregaron os seus apoios ó COC

    avais_copia100.jpgVILAGARCÍA> Tomás Fole e Javier Puertas manifestaron estar moi contentos co apoio recibido por parte dos afiliados e aseguran, que aínda queda moito traballo

    {flowplayer}images/salnes/AVAIS_CANDIDATOS_PP.flv{/flowplayer}

    Ás cinco da tarde o actual presidente popular de Vilagarcía, Tomás Fole, chegaba á sede do PP para entregar os apoios que conseguidos á presidenta da Comisión Organizadora do Congreso, Marta Rodríguez Arias. Fole afirma que se recolleron máis de 450 firmas, e que se quedou gratamente sorprendido canto as estiveron recontando.

    Na segunda fase, pídeselles ós candidatos 130 avais. Tomás Fole sinalou que espera superar ese número con creces xa que agora é máis sinxelo acceder ós afiliados.

    O actual presidente popular agradeceu a mobilización dos afiliados independente de a quen estean apoiando.

     Corenta e cinco minutos máis tarde, o presidente da Autoridade Portuaria, acompañado por parte do seu equipo, chegou á sede para facer entrega dos seus apoios. Javier Puertas afirmou que descoñece o número de firmas pero que o importante non é o cuantitativo senón o cualitativo.

    Puertas salientou a solidariedade que esta a atopar nos vilagarcián, xa que son moitos os xoves e maiores que o están axudando a facerse con apoios.

    O presidente da Autoridade Portuaria asegurou que os afiliados e simpatizantes populares van gañar todos os retos do futuro.

    Ás seis da tarde, a Comisión Organizadora do Congreso comezou a revisar os apoios presentados polos candidatos.

     Redacción Salnés