Tomás Fole consegue 409 apoios, o dobre que Javier Puertas

    candidato_fole_copia100.jpgVILAGARCÍA> O actual presidente dos populares de Vilagarcía, afirmou que esas 409 firmas supoñen un recoñecemento ós traballo destes últimos 7 anos. Tomás Fole destacou a participación dos afiliados na precampaña.

    {flowplayer}images/salnes/VALORACION_FOLE.flv{/flowplayer}

    O candidato á reelección mostrouse moi satisfeito cos resultados obtidos, que duplican o número de firmas do seu adversario. Tomás Fole afirmou que esas máis de 400 rúbricas supoñen un resultado contundente e rotundo, na que os afiliados recoñecen o traballo feito dunha boa alternativa para o concello.

    O actual presidente do PP destacou a participacións dos afiliados na precampaña, na que houbo un total de 730 firmas, o que supero a 50% da militancia. Agradeceu a gran mobilización tanto para apoiar a un candidato como a outro.

    Fole sinalou que estes apoios son importantes, pero que non son o condicionante para elixir ó próximo presidente dos populares. Así, recordou ós afiliados que sigue sendo necesaria a mobilización xa que o que conta de verdade é o voto do próximo 12 de xuño.

    Para elo, asegurou que o seu equipo vai traballar máis duro para chegar ó maior número de afiliados e sinalou a súa esperanza de revalidar estes apoios nos avais.

    Tomás Fole agradeceu ós seus compañeiros de candidatura o esforzo que están a facer e asegurou que no partido non existen os personalismos senón o traballo en equipo.

    Redacción Salnés