VILAGARCÍA> 16 equipos daranse cita na terceira edición do torneo de Rugby de Santa Rita, en Vilagarcía. Todos eles son conxuntos da categoría M14. A meirande parte son galegos e do norte de Portugal, aínda que tamén contarán coa visita do Palencia que, por certo, repite nesta cita.
Este ano a organización conseguiu darlle forma ao torneo dun xeito moi rápido, grazas a que se trata dunha cita que pouco a pouco está a coller renome no panorama deportivo.
Os encontros van ter lugar este vindeiro sábado, coincidindo coas Festas de Santa Rita, dende as 10 e media da mañá en Fontecarmoa.
Ademais dos Ingleses, o equipo anfitrión, por alí pasarán os Mareantes de Pontevedra e outros equipos da zona, como de Caldas, Vigo ou Lalín, xunto cos conxuntos lusos como o Braga ou o Palencia.
Ademais, nesta terceira edición, os Ingleses apostan por ir impulsando novas propostas dentro desta cita. Van poñer en marcha unha minicopa na categoría M12.











