Os detidos na operación anti droga realizada en Pontevedra e Lugo declararán na Audiencia Nacional

VILAGARCIA> 10 detidos nunha nova operación contra o narcotráfico en Pontevedra. As detencións e rexistros leváronse a cabo por numerosas vilas entre elas Vilagarcía e Vilanova. Polo de agora mantense en secreto as incautacións do operativo.

As operacións contra o narcotráfico non cesan nas Rías Baixas. Nas últimas semanas son numerosos os operativos levados a cabo polas forzas de seguridade para frear o tráfico de drogas. A última intervención tivo lugar este mércores e se levou a cabo en diferentes puntos das provincias de Pontevedra e Lugo.

Foron os axentes da Eco en Galicia da Garda civil os que encabezaron un operativo dirixido polas investigacións do xulgado central número 6 da audiencia nacional. As forzas de seguridade comezaron ás 8 da mañá unha serie de rexistros na costa lucense e principalmente en Vilagarcía, Vilanova, Tui, Ponteareas, Vigo e O Porriño.

O resultado da operación saldouse con máis de 15 rexistros e un total de 10 detidos, investigados por pertenza a organización criminal dedicada ao tráfico de drogas e ao branqueo de capitais. Entre os detidos atópanse veciños de Vilagarcía. Nesta a vila a operación levouse a cabo en diferentes zonas como Rubiáns e a Lomba. Precisamente, en Rubiáns, un dos detidos xuntou coa garda civil percorreron o inmoble e o xardín durante bastante tempo.

A operación está baixo segredo e se descoñecen os materiais e as cantidades incautadas nos diferentes rexistros. Inda que testemuñas que se topaban na vivenda de Rubiáns advirten que a garda civil comisou dúas motos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí