Un total de 60 tapas participan no concurso Sanxenxo Degusta TAPAS

    sanxenxo_degusta_tapas100.jpgSANXENXO> O 1 de xuño comeza o primeiro concurso Sanxenxo DEgusta TAPAS posto en marcha por Turismo de Sanxenxo.

    {flowplayer}images/salnes/sanxenxo_degusta_tapas.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Durante todo o mes de xuño Sanxenxo levará a cabo o concurso DEgusta TAPAS, iniciativa da sociedade mixta Turismo de Sanxenxo.

    Amais do concurso englobará determinados eventos, actividades e xornadas dedicadas a promover e desenvolver o turismo gastronómico da vila. Preséntanse a concurso 60 tapas que elaboradas por 23 locais. Todas as tapas estarán elaboradas con produto autóctono galego, venderanse a un prezo de entre un e catro euros e concursan en dúas modalidades.

    Os establecementos participantes recibirán unha placa conmemorativa e a máxima difusión nos medios de comunicación e na rede. Os clientes deberán percorrer co degusta mapa, os locais participantes, unha vez que degusten como mínimo unha das tapas de cada local, deberán solicitar o selo no establecemento. Só os clientes que visitaran como mínimo 5 locais, poderán votar. Mañá, Turismo de Sanxenxo, presenta o concurso en Lisboa.

    Redacción Salnés