VILANOVA> Vilanova será de novo punto de inicio dunha nova edición da Ruta Quetzal. Trátase dunha expedición de trece días por España e Portugal que ten como meta Santiago. Nela van participar uns 200 mozos chegados de tódalas comunidades, entre eles, un pequeno grupo de rapaces dos municipios que forman parte de Mar de Santiago. Aproveitarán a súa estadía no Salnés para enchouparse da cultura da zona, mesmo incluso aprendendo a mariscar.
Vilanova converterase de novo no punto de partida da Ruta Quetzal, creada polo xornalista Miguel de la Quadra-Salcedo no ano 79. Uns 200 mozos chegados de toda España arrancarán dende aquí o 29 de xuño a súa aventura, entre eles, un grupo de rapaces dos catro concellos que integran Mar de Santiago. O percorrido de Vilanova e percorrerá tamén Catoira, Valga e Pontecesures. Tamén viaxarán ata as Cíes e Baiona e dende alí saltarán ata Lisboa.
E con ese mesmo espírito emprenderán a súa andaina neste 2024. Sen ir máis lonxe mariscando en Vilanova. Ademais, esta edición une a a ría de Arousa coa Ruta da Prata e a Ribeira Sacra.
Unha inciativa coa que colabora tamén Turismo de Galicia, que concive esta iniciativa como un gran elemento de promoción turística e cultural para a nosa comunidade.
A Ruta Quetzal conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra. A súa vicepresidenta destaca o papel privilexiado terá a nosa contorna na expedición.
E é que Valle-Inclán terá este ano o seu espazo na ruta, coincidindo cos cen anos da publicación de ‘Luces de bohemia’. Será o 30 de xuño, xusto un século despois, cando o grupo participe nun acto no auditorio vilanovés.