VILAGARCIA> Agtmar Upta e Anmupesca únese para loitar por melloras as condicións laborais das traballadoras do mar. As súas principais reclamacións van destinadas a aumentar o coeficiente redutor e a que se lles recoñezan numerosas enfermidades profesionais. Ambas asociacións xa solicitaron unha reunión co ministerio de igualdade e servizos sociais.
As asociacións de traballadores e traballadoras Agtamar Upta e Anmupesca traballarán da mar para loitar polos melloras laborais dos seus asociados. Anmupesca é unha agrupación que representa a preto de 12 mil traballadoras relacionadas co sector do mar. Grazas a esta alianza, ambas asociacións loitarán xuntas para mellorar as condicións laborais. As súas principais reclamacións xiran en torno a dúas cuestións. Unha delas é a diferencia no coeficiente redutor.
A outra cuestión que perseguen é que se lles recoñezan como enfermidades profesionais moitas doenzas que sofren estas traballadoras.
Como primeira medida que tomarán en común, solicitarán unha reunión co ministerio de igualdade e seguridade social para trasladarlle estas cuestións.
As reunións serán encabezadas polas propias representantes de Anmupesca, agardando poder explicar os seus problemas e as súas reclamacións sen que outras agrupacións de traballadores do mar, o fagan por elas.