![]()
POIO> Os portos de Raxó e Covelo serán reformados. Este foi o compromiso adquirido polo presidente de Portos de Galicia …
{flowplayer}images/salnes/porto_raxo.flv{/flowplayer}
POIO> Os portos de Raxó e Covelo serán reformados. Este foi o compromiso adquirido polo presidente de Portos de Galicia na visita que realizou onte á tarde a Poio.
Os dous proxectos que xa existían van ser unificados nun só, que recollerá ademais as melloras suxeridas por veciños e Concello. Desde a Xunta incluso xa falan de datas. Pretenden ter o proxecto definitivo a finais de xuño ou mediados de xullo, facer o convenio co Concello de Poio e licitar a obra o vindeiro outono.
Segundo indicou José Manuel Álvarez Campana, o presuposto deste proxecto superará os 3 millóns de euros. O Concello está disposto a achegar un 10 por cento, pero desde a Xunta estudarán asumir o cen por cento do custe, conscientes das dificultades económicas que atravesan as administracións locais.
Portos ten en marcha tamén a reforma do porto de Combarro. Segundo indicou Álvarez Campana, o proxecto xa está pechado logo de incorporar unha solución para a reordenación do tráfico. O presidente de Portos sinalou que as obras poderían empezar de xeito inmediato, inda que o máis probable é que se espere a despois do verán, en setembro.
Redacción Salnés








