Reformar a Deputación, un dos retos para 2012

    almorzolouzan copia.jpg PONTEVEDRA> O presidente provincial, Rafael Louzán, cualificou de moi proveitoso este último ano de goberno.

    {flowplayer}images/salnes/ALMORZO_LOUZAN_POTEVEDRA201211.flv{/flowplayer}

    De ‘día histórico’ cualificou o titular da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán este 20 de decembro, pois foi hoxe cando saíu elixido como presidente do Goberno un pontevedrés: Mariano Rajoy. Para el foron os primeiros parabéns, aínda que o presidente provincia non quixo desaproveitar a ocasión e lembrou o bo resultado electoral acadado polo Partido Popular de Pontevedra nestes comicios xerais, con pleno de vitorias nos 62 concellos. Louzán confía en que o feito de que Rajoy sexa desta provincia lle permita ser máis sensible coas demandas de Pontevedra e Galicia.

    Non quixo Louzán avanzar nada sobre se algún dos ministros do equipo de Rajoy será desta provincia. Deixouno á responsabilidade do xa presidente do Goberno. Mentres, o titular provincial iniciou o balance deste ano de mandato cualificándoo de moi proveitoso. Afirma Louzán que se cumpriron os compromisos realizados e se contriuír a crear riqueza. Como exemplo, o impulso do polígono Barro-Meis. Tamén se aforrou no capítulo de persoal, ó deixar sen cubrir 70 prazas de funcionarios. Unha liña que manterán.

    O reto para o vindeiro ano será enfrontar a reformulación da administración provincial. Unha reforma que Louzán considera crucial para ser máis eficaces e poder axudar sobre todo ós pequenos municipios. Eficiencia que tamén buscan para a tramitación administrativa. Este é outro dos cabalos de batalla nos que xa está inmersa a Deputación e que, segundo Louzán, lles permitirá aforrar en custes e mellorar a atención ó cidadán: a implantación da administración electrónica.

    Redacción Salnés