NOIA> O mundo do motor tampouco é alleo á situación xerada pola Covid-19. Se antes caían as probas do Sur do Condado e Narón, valedeiras ambas para o Campionato Galego de Rallis, agora é o Ralli de Noia o que se ve cancelado. A través dun comunicado publicado na súa páxina oficial, a escudería Berberecho, organizadora desta cita automobilística, unha das máis senlleiras en Galicia, decide cancelar a proba este ano. Aínda que nun primeiro momento se barallou a posibilidade de aprazala e celebrala noutra data, previsiblemente en setembro ou outubro, ó final non foi arriba, aprazándoa definitivamente ata a tempada que vén. As axudas xa recadadas para a proba serán destinadas pola organización a paliar as consecuencias da pandemia.
Inicio COVID19