Ribeira e O Son axudan a 20 persoas a formarse para conseguir un emprego

    O Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, clausurou esta mañá en Ribeira o obradoiro de emprego Tahume 3, no que participaron 20 alumnos deste concello e de Porto do Son. Hoxe recibiron os seus diplomas tras seis meses de intenso traballo. Durante medio ano estes mozos e mozas de Ribeira e Porto do Son realizaron ata 39 actuacións na súas localidades. Desde labores en Viveiros de empresas ata melloras en xardíns e espazos dos municipios. Son os integrantes do Obradoiro de Emprego Tahume 3, que organiza a consellería de Traballo en colaboración cos concellos de Ribeira e Porto do Son. Esta mañá os dous alcaldes acompañaron ó Delegado Territorial da Xunta no acto de clausura do curosos onde entregaron ós alumnos. Uns obradoiros de emprego que combinan teoría e práctica, e polos que hoxe recibiron estes certificados de profesionalidade homologados en todo o estado. Uns títulos que segundo o alcalde sonense, lles axudarán na súa incorporación ó mercado laboral. Tal e como suliñou o alcalde ribeirense, o obradoiro, dirixido a persoas demandantes de emprego, busca animar tamén a unha busca activa de emprego, ou mesmo ó emprendemento. Unha oportunidade para que estas 20 persoas poidan exercer o seu dereito ó traballo, e un beneficio tamén para os concellos. O de Ribeira e Porto do Son xa están pensando na vindeira convocatoria, na que en lugar de seis, serán nove os meses de duración deste obradoiro de emprego.