Os gastos dos actos vandálicos na Pobra ascenden a uns seis mil euros

    POBRA > O concello da Pobra do Caramiñal vén de realiza-lo informe dos danos provocados a consecuencia dos actos vandálicos rexistrados durante estas festas de entroido na localidade. En total os gastos ascenden a preto dos seis mil euros, entre os que destacan a queima de 12 contedores de lixo.

    A Policía Local da Pobra e a Garda Civil de Boiro xa teñen identificadas a un total de dez persoas como posibles autores destes feitos, a maioría delas menores.

    O Xefe da Policía Local, Luís Gigirey, sinalou que é bastante complexo controla-la realización deste tipo de feitos.

    Redacción Barbanza