Ribeira agarda aprobar este luns en pleno as obras do novo auditorio

RIBEIRA> A corporación ribeirense abordará este vindeiro luns, no transcurso da sesión ordinaria deste mes de marzo, a proposta do equipo de goberno para a adxudicación das obras do novo auditorio. A actuación, enmarcada na EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica’, será adxudicada por un importe próximo ós catro millóns de euros,

Con máis problemas dos inicialmente previstos, debido fundamentalmente a un sobrecuste no proxecto, razón que obrigou á corporación a ter que realizar un novo concurso de licitación para a realización do futuro auditorio, a corporación debaterá este próximo luns a súa adxudicación definitiva. Segundo explicou o alcalde, a oferta mellor valorada ascende a 3’9 millóns de euros e foi presentada pola UTE de empresas formada por Xestión Ambiental de Contratas e Prace Servicios y Obras.

Segundo o rexedor, que agarda que o resto de grupos apoien a proposta do equipo de goberno, o novo auditorio converterase unha vez realizado nun centro xerador de actividade, situándose dentro dos auditorios de gran formato que existen en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí