O auditorio acolle o xoves unha charla sobre atención temperá

    atencion_tempera100.jpgVILAGARCÍA> O auditorio acolle o xoves unha charla sobre atención temperá. Un servizo que se presta en Vilagarcía, desde hai un ano e de xeito gratuíto.

    {flowplayer}images/salnes/atencion_tempera.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Un cento de familias botaron man da UDIAF, a Unidade de desenvolvemento infantil e apoio familiar, que funciona desde hai un ano en Vilagarcía. O servizo permite unha detección precoz de calquera problema que poidan ter os nenos de entre 0 a 6 anos. Xustamente, para dar a coñecer a labor desta unidade, o xoves haberá unha charla no Auditorio de Vilagarcía ás sete da tarde.

    A UDIAF de Vilagarcía, xunto con outra no Deza, son actualmente as únicas que operan en Galicia, impulsadas pola Asociación Galega de Atención Temperá. Nestas unidades dáse unha atención de tipo asistencial, a cargo de diversos profesionais. O servizo está moi estendido en España, pero non tanto en Galicia.

    Na unidade de Vilagarcía traballan unha psicóloga, unha psicomotricista, e agora tamén unha logopeda. O maior número de nenos que atenden teñen entre 2 e 5 anos, sobre todo derivados de centros educativos de primaria. En canto ós motivos, son en maior medida problemas de conduta, retrasos globais e problemas de linguaxe. Vilagarcía, Meis e Cambados son os concellos que máis nenos achegan a este servizo, que é gratuíto.

    Redacción Salnés