Un presuposto de 2,8 millóns de euros baseado en servizos sociais

    salome_pea_copia100.jpgRIBADUMIA> O Concello de aprobou onte os orzamentos para o 2010 na sesión plenaria extraordinaria. Salomé Peña asegurou que os case 3 millóns de euros, priorizan as prestacións sociais e reducen o gasto corrente.

    {flowplayer}images/salnes/ORZAMENTOS_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    Realistas, austeros e responsables. Así definiu a alcaldesa os orzamentos para o 2010 aprobados onte no pleno extraordinario. Segundo explicou Salomé Peña se axustan en máis de 2.800.000 euros e teñen o obxectivo de priorizar o mantemento de todas as prestacións sociais e reducir o gasto corrente.

    En comparación co exercicio anterior, o orzamento aumentou en preto de 356.000 euros. Este incremento, débese ó desenvolvemento do Obradoiro de Emprego de Santa Baia. Peña asegurou que é un gasto importante porque vai permitir eliminar a taxa de desemprego do concello.

    Para Independentes por Ribadumia, estes presupostos están claramente marcados pola crise, pero volcados no gasto social a través dos investimentos da administración provincial e autonómica.

    O BNG, pola súa parte, asegurou que estas partidas supoñen un despilfarro consecuencia da mala xestión municipal. A través dun comunicado, Luciano Martínez afirma que o orzamento destaca pola ausencia de accións básicas para o benestar dos veciños. No pleno, manifestou a Salomé Peña a súa crítica por non contar cos concelleiro da oposición para a elaboración dos presupostos.

    O orzamento do 2010 aprobouse cos votos do PP que conta con maioría, mentres que o BNG votou en contra e os independentes se abstiveron.

    Redacción Salnés