VILAGARCÍA> 500 atletas competirán en Vilagarcía na duodécima edición do tríatlon concello de Vilagarcía. A proba servirá como final do campionato galego contra reloxo. Terá lugar o día 7 de maio e competirán triatletas dende categoría infantil a open.
Un dos deportes máis duros e completos regresará a Vilagarcía o vindeiro domingo 7 de maio. A vila organizará o duodécimo tríatlon concello de Vilagarcía. Na cita participarán máis de 500 atletas dende a categoría infantil ata a open.
A proba será tamén a final do campionato galego contra reloxo.
A cita de Vilagarcía tamén é das poucas que se compite por equipos.
A competición comezará coa proba de natación saíndo dende a rampla do Intecmar ata fora do porto de Vilaxoán e regresando. A continuación a proba en bicicleta partirá dende o parque de Dona Concha ata o cruce de Valle Inclán con Alexandre Bóveveda. E a ruta a pé transcorrerá polo peirao e a praia de Vilaxoán. A proba axustará a distancia e as voltas segundo cada categoría.
Para os atletas locais, tamén supón unha motivación extra o competir na casa.
Dentro do club de Vialgarcía participarán 25 deportistas. Un deles competirá no campionato galego, o resto participará no open. Dende o club son conscientes da dificultade da proba, pero aínda así non perden a esperanza de acadar o mellor resultado posible.