González e Cacabelos defenden o interés común no istmo da Lanzada

    ISTMO_LANZADAcopy.jpgLANZADA> Os dous alcaldes apostaron por unha visión máis ampla desta polémica na visita que realizaron esta mañá á praia da Lanzada.

    {flowplayer}images/salnes/DESPUTA_TERREO_NOALLA.flv{/flowplayer}

    Despois de que a semana pasada o Xurado Provincial de Montes ratificara que o istmo da Lanzada pertence á Comunidade de Montes de Noalla, estalou de novo a polémica sobre a propiedade destes terreos. O alcalde de O Grove reiterou esta mañá, na súa visita ó areal da Lanzada, que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é firme polo que hai que volver a iniciar o expediente de cualificación dos terreos. Cacabelos aclarou que non queren entrar en polémica e que só van defender os intereses dos seus veciños.

    Nesta visita tamén se atopaba a alcaldesa de Sanxenxo quen apostou por un unha visión máis ampla e destacou que non é necesario perder esforzos en reclamar os terreos e que deben traballar para por en valor o enclave.

    O alcalde de O Grove apoiou esta postura pero engadiu que para iso sería necesario compartilos gastos de mantemento da praia da Lanzada.

    Polo momento, Jose Antonio Cacabelos reunirase mañá cos comuneiros de O Grove e cos avogados que levaron a defensa da actuación para abarcar con profundidade o tema.

    Redacción Salnés