A ILLA> A confraría da Illa de Arousa sementou estes días 3,5 millóns de unidades de ameixa xáponica para marisqueo a pé e a flote. Trátase dunha importante rexeneración de exemplares de entre 15 e 18 milímetros nunha parte e noutra, de entre 10 e 12. No pósito teñen aínda pendente sementar outro millón de xapónica ata acadar así os case 5 millóns de unidades. Con todo, calculan que cada ano habería que botar uns 10 millóns para facerlle fronte ás necesidades do sector.
A confraría da Illa de Arousa levou a cabo estes días unha importante rexeneración dos seus bancos. O pósito sementou 3,5 millóns de ameixa xapónica para o marisqueo a pé e a flote.
A sementeira levouse a cabo nas zonas habituais das autorizacións da confraría que, explican, estaban perdidas. Tamén se botou noutros puntos para intentar mellorar a produción, con vistas que dentro de 18 meses acaden o talle comercial. O pósito ten pendente aínda outra rexeneración.
Porque, di o patrón, neses momentos o ideal sería acadar os 10 millóns para incrementar os topes. Unha petición, polo de agora, difícil de resolver.
E apunta, non se trata de renegar das outras ameixas, pero si facer unha aposta decidida por esta especie naquelas zonas onde a rexeneración é máis complicada.











