24 empresas pretenden as obras da avenida Luis Rocafort, licitadas por 1,1 millóns de euros

    SANXENXO> Grande interese entre diferentes empresas por conseguir a licitación da obra da avenida Luis Rocafort, en Sanxenxo. A Deputación anunciou hoxe que 24 empresas presentaron ofertas para estes traballos de urbanización, que se sacaron a contratación por 1,1 millóns de euros. As propostas serán informadas agora polos técnicos antes de decidir a adxudicación.

     

    O presidente provincial explicou que xa chegou a un acordo coa Consellería de Infraestruturas para a sinatura dun convenio para actuar na rotonda situada fronte á Estación de Autobuses, converxencia dunha estrada provincial e outra autonómica. Para a construción do túnel na rotonda, a Deputación xa encargou un estudo xeotécnico sobre o terreo. Ademais desta actuación en Sanxenxo, Rafael Louzán informou de que o goberno provincial prepara un convenio co concello de Cuntis para a adquisición de dous edificios: o do antigo concello e a Casa de Telégrafos. Os inmobles mercaríanse por 200 mil euros, pasando a ser titularidade do goberno local. 

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí