![]()
CAMBADOS> A cooperativa está a piques de rematar coas obras de ampliación en adega, á vez que mellora a explanada de entrada e a recepción de visitas.
{flowplayer}images/salnes/MARTIN_CODAX.flv{/flowplayer}
Aumentar cada campaña a produción de viño é un dos obxectivos nos que Martín Codax vén traballando desde hai tempo. Nos últimos anos, a capacidade da adega incrementouse en preto de tres millóns e medio de litros, unhas obras que están a piques de rematar.
Outro dos campos que tratan de potenciar é o comercio exterior. No que vai de ano, Adegas Martín Códax conseguiu incrementar nun 34 por cento o seu nivel de vendas en exportación. A firma cambadesa conta neste ámbito co apoio da Xunta de Galicia a través da liña de axudas á Internacionalización que convoca a consellería do Medio Rural. De aí que o xefe territorial deste departamento en Pontevedra, Gerardo Zugasti, acompañase ó delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís na súa visita ás instalacións da Cooperativa.
Tamén se están levando a cabo outras labores de acondicionamento da explanada exterior de entrada e na zona de recepción de visitas, coa fin de mellorar a imaxe da adega como centro enoturístico.
Redacción Salnés







