![]()
VILANOVA> Ó tempo, tal e coma sinalou o alcalde, a Xunta de Galicia xa está redactando o proxecto do Auditorio que se vai a construír neste terreo.
{flowplayer}images/salnes/DERRUBE_NAVE_CHARPO.flv{/flowplayer}
Onte chegaban á parcela da antiga fábrica de Charpo, ex propiedade do Clan dos Charlíns, as primeiras maquinarias para que hoxe, desde primeira hora da mañá, se iniciasen os traballos de desbroce. A partir de aquí, explicou o responsable de Aldasa, a empresa adxudicataria, en poucos días procederán o derrube da nave. Pola súa banda, o alcalde de Vilanova, mostrou a súa satisfacción xa que di, cumpriron o seu compromiso cos veciños.
É Portos de Galicia o encargado de financiar estas obras que ascenden os setecentos mil euros. Ó tempo, a Xunta de Galicia xa está redactando o proxecto para a construción dun Teatro- Auditorio neste terreo.
A obras de derrube está previsto rematen a finais de ano, de xeito que, o Auditorio estará operativo no 2013.
Redacción Salnés








