“Se non saben solucionar a crise, que dimitan”

     VILAGARCÍA> Así de clara referiuse a deputada polo BNG no Parlamento Montse Prado. A voceira dos nacionalistas no Salnés falou de situación dramática para esta comarca, no que a paro se refire.

    {flowplayer}images/salnes/BngOrzamentosRajoy_290413.flv{/flowplayer}

    Dende o BNG aseguran que o Salnés precisa dun plan específico para a creación de emprego e que farán esta proposta no Parlamento. Preguntarán tamén que medidas vai adoptar o goberno de Núñez Feijoo nunha comarca na que o paro rexistrado ascende ata o 30%. Montse Prado apuntou que no Salnés hai case 14.700 parados, o dobre dos que había antes da volta dos populares á Xunta.

    Montse Prado referiuse tamén ó importante descenso demográfico no Salnés, propicado polas escasas oportunidades laborais que existen e que obrigan, sobre todo ós máis xóvenes, a emigrar. A parlamentaria nacionalista exixe responsalibilidades ós populares. Asegura que a situación actual de crise tamén é culpa dun goberno que non aporta solucións ós cidadáns.

    Por todas estas razóns, Prado fai un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación do 1 de maio, que sairá 11:00 da Casa do Mar, en Vilagarcía.

    Redacción Salnés