Caixanova presenta o seu programa cultural para o primeiro semestre do 2009

    caixanova_100_091208.jpgPONTEVEDRA > A entidade intentará captar a atención dos xoves con concertos como o do grupo Nena Daconte.

    A programación cultural de Caixanova inaugurará o 2009 co tradicional Concerto de Aninovo. Será o vindeiro 3 de xaneiro ás nove da noite e correrá a cargo da Orquestra Sinfónica do Estado de Ucrania. A partir dese día, un completo abano de actividades dirixidas a tódolos públicos, aínda que nesta ocasión, a entidade apostará por captar a atención dos máis xoves.

    Entre as propostas incluídas no ciclo Nova Xove salienta a actuación do grupo Nena Daconte o vindeiro 7 de marzo, e a representación de varias obras de teatro como ¿Estás Ahí?, protagonizada polo actor Paco León. Caixanova adica tamén un espazo as actividades para escolares, con representacións teatrais, concertos de música popular e espectáculos para toda a familia, entre as que destaca o Circo Acrobático de Pekín ou o musical Aladdin.

    Esta programación de Caixanova vén a completar a oferta cultural que ofrece o concello de Pontevedra, un gran abano de posibilidades que, segundo o alcalde desta cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, está a influír na boa marcha do turismo.

    Para os amantes da música, Caixanova propón varios concertos, entre os que salientan as actuacións da Real Filharmonía e a Orquestra Sinfónica de Galicia. Tamén haberá un oco para a lírica a cargo da Ópera de Cámara de Varsovia, que porá en escena A Frauta Máxica. Ou para a danza, co Ballet Flamenco de Sara Baras. A estes espectáculos sumaranse 11 obras de teatro, varias exposicións e un obradoiro de lectura.

     Redacción Salnés