Astillero adxudícase o título nacional en Vilaxoán

traineirinas250_070610.jpgVILAGARCÍA> Vilaxoán acolleu esta fin de semana o Campionato de España de Traineiriñas. A gran triunfadora foi a embarcación cántabra de Astillero, que levouse a victoria en senior e o segundo posto en xuvenil, onde se impuxo Robaleira. En categoría femenina Meira adxudicouse o título con moita autoridade.

Centos de persoas déronse cita no peirao de Vilaxoán para seguir de preto as evolucións dun Campionato de España de Traineiriñas, que non decepcionou. Gran nivel deportivo en tódalas categorías, aínda que os resultados das embarcacións do Salnés e do Barbanza non foron destacados.

A victoria en categoría senior foi para a favorita. Astillero superou en tres segundos na liña de meta a Trasmiera, que foi segunda despois de impoñerse a Kaiku nunha loita pechada pola prata. A única traineiriña galega que se meteu na final foi Tirán, que finalizou quinta. O sábado quedaran eliminadas Náutico de Boiro e Mecos, que fixeron un papel bastante discreto.

Nos xuvenís, Vilaxoán levouse un bronce que soubo a pouco. Os anfitrións completaron unha clasificatoria excelente pero pagaron o esforzo o domingo. Todo o contrario que Robaleira, que o sábado pasou por tempos e onte foi a mellor para levarse o título por diante de Astillero. Cabo de Cruz quedouse ás portas das medallas e finalizou cuarta.

Nas mulleres, Meira confirmou unha vez máis a súa superioridade. Meteulle 20 segundos a Getaria, que levouse a prata, e case 40 a Náutico de Vigo, que foi terceira e completou o podium.

A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García e Javier Puertas, presidente da Autoridade Portuaria, participaron na entrega de trofeos nas inmediacións do peirao de Vilaxoán.

Redacción Salnés