Celébrase a XXI edición da Baixada do río Umia de piragüísmo

Este domingo será un bo día para disfrutar do piragüísmo na comarca do Salnés. E é que vaise celebrar a vixésimo primeira edición da Baixada do Río Umia. Polo momento, xa están confirmados 190 participantes de 18 clubes.

RIBADUMIA> Os piragüístas e amantes deste deporte, volverán tomar o río Umia o domingo para celebrar unha proba que consolida a súa importancia no calendario galego. A beleza natural dos catorce quilómetros do río desde Portas ata Ribadumia, e as súas particularidades deportivas, fan que a proba sexa todo un referente.

Polo de agora, están inscritos 190 deportistas de 18 clubes, que fan un esforzo importante, coa celebración o día antes do campionato galego individual en Verducido.Este ano, ademáis, hai varios alicientes, e mesmo un campión olímpico.

As categorías nas que se disputará a competición son Cadene, Junior, Senior e Veterano nas embarcacións K1 e C1, tanto feminino coma masculino. O clube que máis embarcacións aporta é o local, o Muiño, con 29. O inicio será en Portas e a meta en Cabanelas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/11/baixada_umia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/11/baixada_umia.mp4{/flowplayer}